miércoles, 28 de noviembre de 2012

Tema 2 - Hardware


Tema 2 – Hardware

1-A unidade máis pequena de información nun ordenador corresponde a un díxito binario (0,1), denominado bit.

2- Ao conxunto de 8 bits denomínase byte. Como o byte é unha medida moi pequena, existe múltiplos do byte: quilobyte, megabyte, gigabyte.

3- Denomínase hardware ao conxunto de dispositivos físicos que integran o ordenador.

4- Denomínase software, ao conxunto de instrucións que dirixen os compoñentes do ordenador para que realicen as distintas tarefas.

5- O hardware dun ordenador está constituído basicamente pola Unidade Central de Proceso (a memoria, os periféricos de entrada ou saída e os dispositivos de almacenamento.)

6- A memoria dun ordenador está constituído por un conxunto de compoñentes capaces de almacenar datos: a memoria RAM, memoria caché, memoria virtual, memoria ROM-BIOS e memoria RAM CMOS.



7- Todos os dispositivos que forman parte do ordenador deben estar conectados entre si; se non fose así, non podería fluír a información por todos eles e non terían fonte de alimentación.


8- Os ordenadores presentan un conxunto de conectores denominados portos de comunicación. Exemplos: portos serie, portos paralelo, portos USB, portos IEEE 1394, HDMI, etc.







9- Os periféricos de entrada permiten introducir información dende o exterior ao ordenador. Exemplos: rato, teclado, cámaras dixitais, micrófono, etc.

10- Os periféricos de saída permiten obter os resultados de distintas maneiras: visibles nunha pantalla, impresos en papel, etc. Exemplos: monitores convencionais, de plasma,impresoras, etc.


11- Os dispositivos de almacenamento dun ordenador está constituído por:discos magnéticos, discos ópticos (CD-ROM, DVD-ROM), discos magneto-ópticos, etc.

12- Unha rede interna, rede local ou LAN é un conxunto de ordenadores conectados entre si que comparten recursos e información.

13- Cada ordenador identifícase cunha dirección IP.


14- Os ordenadores pódense conectar mediante: redes inalámbricas, redes externas, redes privadas virtuais, a través dunha liña telefónica (módens, ADSL, etc.), a través de cable, vía satélite, por ondas radioeléctricas, conexión móbil (GSM, GPRS, etc.).

15- A velocidade de transmisión de datos dun modem mídese en bits por segundo, bps. 


Enlace ao tema 2 en Google Sites.

lunes, 1 de octubre de 2012

A miña música preferida

Adoito escoitar todo estilo de música, pero normalmente adáptase ao meu humor. Se estou alegre, escoito músicas que me fagan bailar e se estou triste, me gusta cancións máis tranquilas.
Normalmente escoito máis cancións en inglés e en portugués. Xa as cancións en español, non teño o costume, ao mellor porque non coñezo moitos cantantes.
A música clásica, o rock, non me gustan demasiado; prefiro o pop rock, R&B, etc.
As miñas bandas e cantantes favoritos son: 


Paramore é unha banda de pop punk que formouse en Franklin, Tennessee, en 2004.
Adele é unha cantante de soul británica, blues, pop e jazz, gañou oito premios Grammy e tres Brit Awards.
Sorriso Maroto é un grupo de pagode brasileiro creado en 1997.


Justin Timberlake, Rihanna, tamém son algúns dos meus cantantes favoritos.