Tema 2 – Hardware
1-A
unidade máis pequena de información nun ordenador corresponde a un
díxito binario (0,1), denominado bit.
2-
Ao conxunto de 8 bits denomínase byte. Como o byte é unha medida
moi pequena, existe múltiplos do byte: quilobyte, megabyte,
gigabyte.
3- Denomínase
hardware ao conxunto de dispositivos físicos que integran o
ordenador.
4-
Denomínase software, ao conxunto de instrucións que dirixen os
compoñentes do ordenador para que realicen as distintas tarefas.
5- O
hardware dun ordenador está constituído basicamente pola Unidade
Central de Proceso (a memoria, os periféricos de entrada ou saída e
os dispositivos de almacenamento.)
6- A
memoria dun ordenador está constituído por un conxunto de
compoñentes capaces de almacenar datos: a memoria RAM, memoria
caché, memoria virtual, memoria ROM-BIOS e memoria RAM CMOS.
7-
Todos os dispositivos que forman parte do ordenador deben estar
conectados entre si; se non fose así, non podería fluír a
información por todos eles e non terían fonte de alimentación.
8-
Os ordenadores presentan un conxunto de conectores denominados portos
de comunicación. Exemplos: portos serie, portos paralelo, portos
USB, portos IEEE 1394, HDMI, etc.
9- Os
periféricos de entrada permiten introducir información dende o
exterior ao ordenador. Exemplos: rato, teclado, cámaras dixitais,
micrófono, etc.
10- Os periféricos de saída permiten obter os resultados de distintas maneiras: visibles nunha pantalla, impresos en papel, etc. Exemplos: monitores convencionais, de plasma,impresoras, etc.
11- Os dispositivos de almacenamento dun ordenador está constituído por:discos magnéticos, discos ópticos (CD-ROM, DVD-ROM), discos magneto-ópticos, etc.
12- Unha
rede interna, rede local ou LAN é un conxunto de ordenadores
conectados entre si que comparten recursos e información.
13-
Cada ordenador identifícase cunha dirección IP.
14- Os
ordenadores pódense conectar mediante: redes inalámbricas, redes
externas, redes privadas virtuais, a través dunha liña telefónica
(módens, ADSL, etc.), a través de cable, vía satélite, por ondas
radioeléctricas, conexión móbil (GSM, GPRS, etc.).
15-
A velocidade de transmisión de datos dun modem mídese en bits por
segundo, bps.
Enlace ao tema 2 en Google Sites.
Enlace ao tema 2 en Google Sites.
